top of page

Queremos

 

xustiza

 

Cárcere, asasinatos masivos e sen xulgamento, torturas, malos tratos, roubos de crianzas, traballo escravo… Os tribunais españois seguen a negar a xustiza ás vítimas do franquismo. Máis de 80 querelas foron interpostas perante da Xustiza española nos últimos anos e ningunha conseguiu o axuizamento ou pesquisa sobre os responsábeis destes delitos. O silencio segue vixente e debemos erguer a voz para sermos escoitados.

 

A impunidade dos responsábeis directos e políticos fica. A Lei de Amnistía e outras normas impiden estes seren xulgados. Protexen a uns poucos, mentres deixan sen xustiza a centos de miles de persoas. Por iso dende CEAQUA, a Coordinadora Estatal de Apoio á Querela Arxentina, tivemos que cruzar o océano para, en aplicación da xustiza universal, reclamar o que aquí nos negan.

 

Lei de Memoria Democrática. Con ese nome coñécese o anteproxecto de Lei que axiña comezará a se debater no Congreso de Deputados. Aínda que parecía abrirse a posibilidade de que todo mudaría, a realidade é moi diferente. Se non for mudado, o alicerce máis importante da Memoria Democrática, a Xustiza, volverá ter os ollos vendados. Ata cando vai continuar isto así?  ¡Debemos actuar, temos que impedilo!

 

Por todo iso queremos que esteas connosco nesta loita e que coa túa asinatura  esixas ao Goberno e a todas as deputadas e deputados do Congreso, que:

 

  • Se modifique, derrogue ou anule a Lei de Amnistía.

  • Se modifique o Código Penal incorporando ao noso dereito o principio de legalidade  internacional.

  • Qué o Estado español ratifique a Convención sobre a non prescrición dos crimes de guerra e contra a humanidade.

  • Se modifique a Lei de Axuizamento Criminal para seren revistas as resolucións xudiciais nas que non se admitían as querelas até hoxe presentadas.

  • Se modifique a Lei de Tratados Internacionais para poderen ser recoñecidos e executados os Ditames dos órganos de Nacións Unidas.


Unha sociedade democrática non pode aprender e superar os seus conflitos sen Xustiza. Unha Xustiza coutada para só uns poucos, non é Xustiza. Non podemos permitir que o Estado español manteña a impunidade do franquismo.

fondo_edited.png

Grazas

*Todas las firmas se entregarán a los grupos parlamentarios en junio

Ancla 1
kisspng-logo-web-development-clip-art-si
Más información en:
www.ceaqua.org
  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube
bottom of page